Froitas, verduras e derivados lácteos, son algúns dos produtos ecolóxicos de maior consumo en Galicia
O consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA) presentou no Hotel Hesperia da Coruña os resultados dunha enquisa que recolle como ven os galegos este tipo alimentos. A anterior fíxose en 2010, co que a comparativa arroxa datos de interese respecto da evolución dun sector que medra en confianza. Os consumidores retraen gastos doutras cousas en tempos de crise, pero evitan facelo, na medida das súas posibilidades, coa calidade dos alimentos.
O 2º Barómetro “Percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia 2013” presentárono aos xornalistas José Antonio Fernández, presidente de C.R.A.E.G.A e Javier García Lozano, o secretario do Consello Regulador. O traballo, realizado mediante enquisa telefónica a 1.139 persoas entre o 14 de outubro de 2013 e o 13 de novembro, amosa que a día de hoxe o 92% dos galegos coñecen ou ouviron falar dos alimentos ecolóxicos, cando esa cifra era no 2010 dun 73%. “Un salto importante para nós en só tres anos”, apuntaron os representantes do C.R.A.E.G.A.
O que se valora nos alimentos. En canto ao criterio empregado para mercar un alimento de calquera tipo, máis do 80% dos enquisados dixo mercalo pola súa calidade, “cada vez a sociedade está máis concienciada neste eido, non só basea a compra no prezo”, sinalou Javier García. Os adxectivos ou propiedades que transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento -sendo ou non ecolóxico- de 2010 a 2013 subiron en importancia o feito de que sexa un produto caseiro, que sexa do país, san e natural.
Preguntados polo principal medio polo que coñeceron a existencia dos alimentos ecolóxicos a resposta dos enquisados foi a televisión, pero no segundo posto está a recomendación de familiares o amigos, “que aconsellan este produtos polas súas calidades e o seu sabor”, seguido de revistas e prensa e pola presenza no seu establecemento habitual.
Moito máis que verduras. Ata 2001 a normativa de certificación de produtos da UE só deixaba certificar produtos de orixe vexetal, iso explica que algúns consumidores asocien que estes produtos teñen todos esta orixe, un 10% dos galegos así o pensa. “Pero o certo é que dende 2001 pódense certificar produtos de orixe animal e, o que é moi importante para a nosa Comunidade, dende 2009 pódese certificar a acuicultura continental e mariña e a recollida sostible de algas. E somos unha potencia importante en acuicultura, temos mais de 50 bateas de produción ecolóxica, unha piscifactoría de troita, un parque de cultivo de ameixa e varias empresas que se dedican á recollida sostible de algas”. Tamén un 50% pensa que estes alimentos son só producidos artesanalmente, e aínda que é así en moitos casos, “no sector tanto poden traballar pequenas explotacións e grandes empresas, o único que teñen que facer é cumprir a regulamentación”.
Ademáis, estes produtos teñen que contar coa certificación na etiqueta no caso dos envasados, que locen o certificado europeo, un código de autoridade de control e o logotipo do Consello Regulador galego. Pero dende C.R.A. E.G.A aclaran que “tamén pódese mercar produto ecolóxico a granel nunha feira, nun posto avalado por nós. Nese caso entrégase un volante de circulación”.
Con que asociamos os alimentos ecolóxicos? Preto dun 80% dos galegos dí que son produtos que non usan pesticidas químicos, un 70% di que non teñen aditivos nin colorantes, o 55% di que son máis naturais. A cuarta característica coa que se asocian é o prezo, un 35% dí que son “máis caros”. “Os custos de produción encarecen alguns produtos pero noutros casos non é certo, hai produtos certificados no noso consello que son competitivos cos convencionais, como a sidra. Os custos débense a que non empregamos sustancias que aceleren os crecemento das prantas nin dos animais, as gandeirías son producións extensivas con máis tempo e terreo para pastar. A calidade ten un prezo, pero o certo é que vai subindo o número de consumidores e produtos certificados no Consello”. A produción ecolóxica certificada medrou de media nestes últimos anos un 7%. “O consumidor deste produto é moi fiel, moi consciente do que quere comer, os vaivéns da economía non implican que baixe o seu consumo”.
Preguntados polo principal motivo para comezar ou seguir consumindo alimentos ecolóxicos, para a maioría dos enquisados a resposta foi “por saude, por evitar pesticidas e produtos químicos” . O máis habitual é que o produto co que comeze o consumo destes alimentos sexan vexetais, froitas e derivados lácteos, de feito en Galicia prodúcense as tres cuartas partes do leite ecolóxico de toda España. O seguinte grupo de alimentos en consumo son os ovos, doces e carnes. Respecto do tempo que levan consumindo alimentos ecolóxicos, en 2013 medrou a porcentaxe dos que levan máis de tres anos: en 2010 eran un 40% dos consumidores de produtos ecolóxicos e en 2013 subiu a un 60%. “Quen empeza a consumilos queda prendado e non abandona”. O 20% deste consumidores incluso aumentou o seu gasto neles.
No relativo ao punto de compra, detéctase unha baixada de dez puntos na compra nas grandes superficies subindo un pouco as tendas especializadas, pero aínda así case un 60% merca en grandes espazos se ben en relación á variedade de alimentos ecolóxicos ofrecida polos establecementos de alimentación o 66,8% dos galegos coida que é escasa, “é unha asignatura pendente, temos que tratar de ofrecer máis gama”. Tamén hai que destacar outro dato deste segundo barómetro: existen un 26,3% de marcas brancas de produtos ecolóxicos. “A gran distribución viu que había un nicho grande de mercado”.
O apoio dos hostaleiros. O 71,6% dos enquisados nunca consumiu estes alimentos nun restaurante. Por iso o Consello traballa nunha campaña de promoción cos restauradores. “Xa temos en Galicia preto de 20 que ofrecen un menu ecolóxico completo, unha demanda que nos facía o sector, que quería diferenciarse e innovar”. En canto á confianza na certificación, máis do 75% confían “moito ou bastante” nela, “o cal é moi importante para nós, que valoren o traballo que se está facendo no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica”, no que hai inscritos preto de 700 produtores entre persoas xurídicas e empresas e cuxos produtos expórtanse nun 70% fóra da nosa Comunidade.

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica