Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A Deputación de Lugo destina 100.000 euros a mellorar a comercialización dos produtos autóctonos e reactivar a economía da provincia

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
Con esta achega, enmarcada no Plan Estratéxico de Subvencións xestionado polo INLUDES, o organismo lugués impulsa 25 certames encamiñados a xerar riqueza na provincia aproveitando os seus recursos agroalimentarios e artesanais, así como a actividade de tódalas confrarías mariñanas.

“Trátase de impulsar sectores estratéxicos e produtos autóctonos para contribuír a reactivación da economía local e fixar poboación”, destacou o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, durante a presentación da 3ª Festa do Marisco, un acto que tivo lugar na mañá do xoves 2 de agosto no Concello de Foz. Precisamente, este evento gastronómico, “que está gañando peso no calendario festivo da Mariña e do resto da provincia”, indicou Val, é unha das citas que respalda a institución luguesa, ó igual que a 3ª Festa do Percebe de Celeiro, que se celebra o venres 3 de agosto na vila viveirense baixo a organización da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol e na que participará a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, ou a feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos (PRODUART).

36.000 euros para A Mariña

Dos 100.000 euros contemplados no Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES para promocionar os produtos autóctonos, un total de 36.000 están destinados a certames organizados na Mariña, e á actividade e funcionamento das confrarías de pescadores. Deste xeito, xunto á Festa do Percebe de Celeiro ou PRODUART, o plan tamén beneficia a outras localidades mariñanas, ó apoiar eventos emblemáticos na comarca, e na maioría dos casos con sona non só na provincia, senón en toda Galicia, como son o Mercado Renacentista de Viveiro; a Festa do Berberecho de Foz; ou a feira de mobles e antigüidades da Pontenova. No resto da provincia, algunhas das convocatorias apoiadas son as feiras de artesanía de Castroverde e Guntín; Expogrelo de Abadín; a Festa da Verza Riza de Labrada, en Guitiriz; a Festa da Castaña de Folgoso do Courel; a Festa da Cereixa de Ribas de Sil ou a Xornada sobre a Exaltación dos Produtos do Mar na Montaña, en Becerreá.

3ª Festa do Marisco

A Festa do Marisco da Mariña conta co apoio da Deputación dende a súa primeira edición porque pon en valor a riqueza da costa mariñana, pero ademais, segundo destacou José Ramón Val, “é un moi bo exemplo de que a colaboración entre o sector privado e as administracións públicas pode dar moi bos froitos. Xuntos somos máis fortes e xuntos podemos reiventarnos, sacando adiante proxectos que contribúan a xerar riqueza na provincia aproveitando a calidade dos produtos autóctonos”.

Nesta ocasión, a cita gastronómica, respondendo o carácter rotatorio co que naceu, celebrarase o vindeiro 18 de agosto no Paseo da Ribeira de Foz, despois de ter lugar en Burela na súa primeira edición, e en Cervo, na segunda. A un prezo competitivo de 20 euros, ofrecerase, de 12:00 a 24:00 horas, un menú composto de nécoras, cigalas, percebes, mexilóns e berberechos. No caso de comprar de forma anticipada os tiques o prezo baixa a 18 euros.

Comercio electrónico

Outra das actuacións básicas que a institución provincial impulsou co mesmo fin de poñer en valor e mellorar a comercialización dos productos autóctonos foi a posta en marcha da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com á que xa están adheridas corenta empresas lucenses. Este primeiro centro comercial virtual da provincia, creado a través do programa europeo Innova-TE, conta cun apartado específico e destacado para os produtos autóctonos. A plataforma aumenta as posibilidades de incrementar o volume de beneficios das empresas ó abrirlles novos mercados e facilitar as vendas, pois os clientes poden comprar as 24 horas do día, os 365 días do ano. Este portal non ten límite de empresas, nin de oferta de produtos. A Deputación creou así mesmo a marca Lugo Sabe, coa que contan a día de hoxe 35 empresas agroalimentarias da provincia. Os seus produtos están á venda en tendas da cadea de supermercados Cemar, en Cafestore e La Palloza Gallega. A iniciativa tivo tan boa acollida que xa hai moitas firmas interesadas en recibir tamén este distintivo, polo que o organismo provincial ampliou o proxecto coa segunda fase do programa Lug02, para a que a Unión Europea lle concedeu 6,5 millóns de euros.
Deputación de Lugo

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información