Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Rosa María Calaf, gañadora do V Premio José Couso de Liberdade de Prensa

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O fallo deuse a coñecer nunha roda de prensa na que se anunciou tamén que os actos de entrega terán lugar o vindeiro 30 de abril no Teatro Jofre e contarase, novamente, co Concerto pola Liberdade a cargo da Real Filharmonía de Galicia.

O acto comezou coa intervención do presidente do Club de Prensa de Ferrol, Xan Morales Somoza, amosando a súa preocupación pola situación actual da profesión, polos despedimentos que se están a producir e porque as empresas de comunicación estean a prescindir de xornalistas amparándose na crise económica. Mandou tamén unha mensaxe de solidariedade para os colegas que se encontran sen traballo, salientando que este ano a V Edición do Premio José Couso terá tamén unha lembranza para eles.

Morales deu paso ao secretario do premio, Darío Janeiro, que deu lectura á acta. Janeiro fixo referencia ao asasinato de José Couso, do que se cumpriron seis anos hai pouco. Janeiro dixo que a pesar do tempo transcorrido, “aínda estamos á espera de que o crime cometido contra José Couso e o seu compañeiro Taras Protsyuk sexa esclarecido e se tomen as medidas legais oportunas contra os culpables”. A continuación deu a coñecer o nome da gañadora desta V Edición, a xornalista catalá Rosa Maria Calaf, e confirmou que asistirá aos actos de entrega do premio o próximo 30 de abril.

José Ulfe Bugallo, Director de zona de Caixanova en Ferrol e A Mariña, resaltou a traxectoria profesional da gañadora e transmitiu no seu nome e no da entidade que representa a felicitación á organización pola relevancia que adquiriu o certame a nivel galego e estatal.

Pechou a comparecencia o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, que lembrou a todos os candidatos desta quinta edición e sinalou a dificultade para escoller entre uns e outros pola destacada traxectoria e compromiso de todos eles. Transmitiu a súa felicitación a Rosa Maria Calaf e fixo referencia á situación dos profesionais da comunicación e ao perigo que a crise pode provocar nos medios, dado que se poden orixinar situacións de presión no ámbito laboral.

Rosa María Calaf Solé naceu en Barcelona en 1945. Licenciada en Dereito e Xornalismo, en 1970 ingresa en RTVE e en 1983 pasa por TV3 para exercer como directora de programas e produción. Pero o seu nome é inseparable das correspondencias de TVE, onde, desde oito puntos do planeta, se convertiu na correspondente máis veterana da canle, con 38 anos de traballo ás costas. A principios deste ano, foi prexubilada dentro do ERE de RTVE.

O CPXG, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Anteriormente foron galardoados con este premio o xornalista marroquí Ali Lmrabet, o xornal francés Le Monde Diplomatique, o estadounidense Jon Lee Anderson e o valenciano José Vidal-Beneyto.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información