Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Renovada a páxina web de Artesanía de Galicia

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

A marca Artesanía de Galicia conta dende hoxe cunha nova versión do sitio web www.artesaniadegalicia.org, que actualiza a páxina que está a funcionar dende finais de 2007 ao tempo que incorpora novos servizos orientados a impulsar a divulgación dos artesáns galegos e das súas pezas. A intención da Consellaría de Innovación e Industria é ofrecerlle aos profesionais da artesanía un servizo integral que, ademais de ofrecer información relacionada co sector, actúe como unha ferramenta de promoción do seu traballo, que achegue a artesanía á sociedade e que impulse a comercialización das súas pezas tanto en Galiza coma no exterior.

A través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a Consellaría pon á disposición de todos os artesáns e obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía a posibilidade de crear e de xestionar o seu propio espazo web – inserido na propia web institucional da marca – no que poderán dar a coñecer o seu xeito de traballo, a súa experiencia e a peculiaridade dos seus produtos. Ademais dos seus datos de contacto, os artesáns poderán incluír información sobre os lugares nos que distribúen habitualmente ou sobre a posibilidade de realizar encargos ou pedidos personalizados, de xeito que se lle facilite a comercialización destas pezas de artesanía. Todos os profesionais que estean interesados en obter este servizo deberán solicitar unha clave de usuario a través da propia páxina web.

Unha das novidades máis destacables da nova páxina é a creación dun apartado dedicado á divulgación das técnicas empregadas polos propios artesáns no que se inclúen vídeos que amosan o seu traballo. Dende a Consellaría de Innovación e Industria enténdese que esta é unha ferramenta fundamental para conservar e para dar a coñecer tanto as técnicas máis tradicionais, algunhas en perigo de esquecerse pola falta de relevo xeracional, ata os oficios artesanais máis recentes ou innovadores.

O novo sitio www.artesaniadegalicia.org actuará como un punto de referencia para o sector artesán galego xa que lle ofrecerá un servizo integral para profesionais e interesados na artesanía. Na páxina hai espazo para a actualidade, as reportaxes, a información sobre trámites e lexislación, sobre cursos de formación, eventos e feiras de artesanía, liñas de apoio ao sector e actuacións da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Nesta nova versión da web préstaselle unha importancia fundamental á difusión das publicacións especializadas que edita a Consellaría de Innovación e Industria e que están a ter unha grande aceptación entre os profesionais do sector, como ocorre co estudo de investigación “Raizame do encaixe galego” – publicado a finais de 2008 – ou coa revista “Obradoiro de Artesanía”, que se poden descargar da nova web, en formato pdf.

Nesta nova versión da páxina tamén haberá un espazo dedicado ás zonas de artesanía, onde se ofrecerán diferentes propostas para combinar o contacto cos propios centros de produción da artesanía – ben localizados xeograficamente en áreas concretas coma Buño ou ben a través de propostas a obradoiros visitables – con calquera outra opción turística ou de lecer relacionada coa paisaxe, co patrimonio histórico, coa cultura en xeral ou coa gastronomía. O obxectivo da Consellaría é crear un portal amplo que sirva para promocionar en conxunto o sector artesanal galego dende unha pluralidade de perspectivas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información