Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O Sindicato Labrego Galego reclama a defensa das denominacións de orixe

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O Sindicato Labrego Galego fixo o 12 de decembro unha concentración diante da subdelegación do Goberno en Ourense para esixir do Ministerio de Agricultura que traballe para virar a actual dirección que está a tomar a reforma da Organización Común de Mercado (OCM) do Viño. Na manifestación, que se encadra nunha campaña de protestas organizadas en todo o Estado pola Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), estiveron presentes a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, e o responsábel da Dirección do Viño do sindicato, Manuel Docampo, xunto a un cento de viticultores e viticultoras vidos de toda a
xeografía galega.

A reforma da OCM do Viño, que marcará as directrices do sector en toda a Unión Europea, supón unha grande ameaza para Galiza e para o modelo de vitivinicultura de calidade polo que se está apostando cada vez máis forte e que é a razón de ser das nosas
denominacións de orixe, modelo que defende o Sindicato Labrego Galego.

Respecto disto, Docampo explicou que “o máis duro desta reforma é a liberalización das plantacións de viñedo que, de ir para adiante, significaría que calquera podería plantar vides onde lle petase. A reforma sería letal para as nosas denominacións de orixe ao incluír unhas normas para a etiquetaxe que xerarán confusión e fraude por permitir que figure a caste de uva e o ano da colleita. Isto é así porque se podería envasar viño con uva
procedente de calquera parte do mundo e sen estar sometido aos controis e normativas de ningún consello regulador. A reforma da OCM, tal e como está redactada, supón entregarlle o sector vitivinícola en bandexa a unhas poucas multinacionais. A isto último axudarían outras normas previstas, como prohibir as axudas para comercializar dentro da Unión Europea e só dalas para exportar, co cal quedarían excluídas as pequenas e medianas adegas que non exportan, que son o meirande en Galiza e en Europa”.

Por todo o devandito, Manuel Docampo esixiu unha viraxe radical na reforma da OCM do Viño e unha postura clara do Ministerio de Agricultura que, en caso de non lograr unha normativa acorde aos intereses da vitivinicultura de calidade e das denominacións de orixe, debería recorrer ao dereito de veto do Estado Español. Agora mesmo, a posición do Ministerio de Agricultura respecto da reforma da OCM segue a ser confusa e a Ministra, Elena Espinosa, “só lanzou consignas mediáticas e electoralistas, pero sen apuntar ningunha medida concreta”.

Pola súa banda, o Sindicato Labrego vai seguir defendendo o modelo de vitivinicultura de calidade, “no que aínda se pode afondar máis con respecto ao que xa se ten feito, e nesa
dirección ten que ir a reforma da OCM”, afirmou Docampo. E nesa defensa, e na posición contraria á reforma da OCM tal e como está redactada “non está o Sindicato Labrego só”, asegurou o sindicalista, “están tamén todas as denominacións de orixe (xa fixeron pronunciamentos explícitos ao respecto O Ribeiro e Rías Baixas), as asociacións e cooperativas do sector, case todas as comunidades autónomas e boa parte das organizacións agrarias europeas”.
Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información