Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

99 produtos de baixura poden levar a marca de calidade PescadeRías

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, compareceu no Parlamento de Galicia, a petición propia, para informar da marca de calidade certificada para os produtos da pesca e o marisqueo da nosa comunidade, PescadeRías, de onde se non?”, que está a impulsar o departamento que dirixe.

Gallego Calvar explicou que o traballo para a posta en marcha desta certificación comezou no mes de maio de 2006 e que a marca conta co respaldo do conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro galego, que participou dende o primeiro momento no desenvolvemento do regulamento.

Neste senso, destacou que “PescadeRías” leva consigo un intenso traballo de formación e información e anunciou que o 15 de febreiro do ano que vén comezará a campaña de publicidade que buscará o posicionamento da marca, que terá a súa posta de largo diante dos consumidores en marzo de 2008.

A responsable de Pesca explicou no Parlamento que un dos obxectivos que levaron ao seu departamento a poñer en marcha unha marca de calidade foi o de darlle valor engadido aos produtos da baixura de Galicia, “un valor engadido -dixo- que axudará á xente do mar a mellorar as súas rendas xa que, por exemplo, poderá repercutir no peixe os custes de produción”. Neste intre, Carmen Gallego lembrou que unha das primeiras accións que
levou a cabo o novo Goberno foi a liberalización do sistema de venta “xa que antes só permitía vender á baixa”. Ademais disto, destacou que a nova certificación de calidade posibilitará aos consumidores estar ben informados sobre o que levan á casa “porque os produtos galegos deben competir a través da calidade e a innovación”. Na súa intervención, Gallego Calvar asegurou que “PescadeRías” axudará a evitar o fraude ao consumidor “xa que introduce seguridade alimentaria debido a que todos saberán o que mercan”. Deste xeito, insistiu en que a decisión de
desenvolver a marca beneficia a todos: “produtores, consumidores,
restauradores...”

Así mesmo, explicou que un total de noventa e nove produtos procedentes da baixura galega poderán acollerse á certificación “PescadeRías, de onde se non?”. E boa proba da magnífica acollida que recibiu a marca por parte do conxunto do sector pesqueiro galego é que a meirande parte das lonxas galegas apostou por ela, aínda que polo momento só 23 delas poderán comercializar os produtos baixo esta denominación ao inicio da campaña, no mes de marzo de 2008, segundo sinalou a Conselleira.

Regulamento da marca

Por último, Carmen Gallego explicou na súa comparecencia as
especificacións que deberán cumprir os recursos para poder chegar ao mercado baixo o distintivo auspiciado pola Consellería. Deste xeito, os consumidores terán garantido que cando levan a casa un produto “PescadeRías” este ten unha orixe galega e uns índices de frescura e calidade certificados. Os grupos de especies amparados pola marca, ata noventa e nove, son: algas, moluscos, crustáceos, equinodermos e peixes, mentres que os usuarios dos recursos certificados polo distintivo son: lonxas, centros de depuración/expedición; cetáreas e distribuidores de peixes e mariscos que teñan as súas instalacións ubicadas en territorio galego.

Así, tralas consultas co sector, deron comezo as accións informativas ás confrarías de pescadores a cargo de técnicos da Consellería. Esta tarefa é de gran importancia porque os usuarios do certificado deberán garantir o cumprimento da normativa hixiénico-sanitaria que se lles aplique, en especial a referida á adecuación das prácticas e comportamentos do persoal na manipulación dos produtos, das condicións ambientais de tratamento e das instalacións e dos equipos empregados. Tamén é
salientable o proceso de formación nas lonxas que foi o seguinte paso neste proceso de implantación do distintivo de calidade para os produtos da baixura. Esta acción verase complementada polas auditorías naqueles establecementos que, despois dos cursos de formación, están en disposición de certificar o produto. Tamén comezará neste intre ó labor do Comité de Certificación de “PescadeRías”, encargado de autorizar á lonxa para empregar a marca.

Na páxina web da Consellería de Pesca (http://webpesca.xunta.es) atópase a disposición de todos os interesados un resumo do regulamento da nova marca de calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros galegos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información