O Igape facilitou a constitución telemática de 530 novas empresas mediante o sistema SLNE
Dende a posta en marcha da súa rede composta por 7 Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT), en febreiro de 2004, o Igape fixo posible a tramitación para a constitución de 530 novas sociedades mediante o sistema telemático que incorpora a nova figura xurídica Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), especialmente orientada aos impulsores de novas iniciativas empresariais e que en Galicia está a ser moi requirida. O Instituto atendeu de xeito personalizado durante o primeiro semestre deste ano máis de 1.200 consultas recabando información sobre a SLNE.
Este sistema baseado nas novas tecnoloxías axiliza o proceso e evita moitos trámites aos emprendedores; así, desde o momento en que os promotores acoden ao notario (única xestión presencial xunto coa realizada no PAIT do Igape) ata quedaren constituídas as súas empresas pasan por termo medio só 1,42 días hábiles; a media no conxunto das comunidades do Estado onde está implantado o sistema é de 1,96 días. Galicia é a segunda comunidade autónoma por número de empresas creadas por esta vía, só por detrás da de Madrid, onde se puxo en marcha antes. Foron constituidas a través dos PAIT do Igape o 84% das SLNE creadas en Galicia de xeito telemático. Son galegas o 20,91% das SLNE constituidas por vía telemática.
A constitución de empresas ao abeiro desta fórmula xurídica tamén pode facerse de xeito presencial, opción na que igualmente destaca o caso galego. Así, desde a posta en vigor do estatuto correspondente, en 2003, constituíronse en Galicia 648 novas SLNE mediante o procedemento presencial . Deste xeito, Galicia tamén se coloca en segundo lugar entre as comunidades autónomas do Estado por número de SLNE constituidas de xeito presencial, de novo únicamente por detrás de Madrid.
Achegar aos novos empresarios a información detallada sobre as posibilidades e beneficios que aporta a SLNE para os emprendedores e, ao mesmo tempo, facilitar a constitución de novas empresas abeiradas a esta fórmula xurídica, son os obxectivos dos Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT) abertos para Galicia polo Igape. Os PAIT dispoñibles nas oficinas que ten o Instituto nas diferentes cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo) permiten ós emprendedores que impulsen proxectos empresariais de pequena dimensión crear as súas empresas de maneira áxil, con apoio directo e con plenas garantías xurídicas.
Tamén SRL
Dende o pasado mes de marzo, o Igape participa ademais no programa piloto impulsado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a nivel estatal para a aplicación do sistema telemático á constitución de forma áxil das Sociedades de responsabilidade limitada convencionais (SRL).
O sistema está en funcionamento nas oficinas territoriais que o instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda ten en A Coruña, Santiago e Vigo, nas que xa se constituiron por vía telemática dez sociedades de responsabilidade limitada convencionais. Con posterioridade, os puntos de asesoramento e inicio de tramitación (PAIT) do Igape farán posible a creación de SRL tamén a través das oficinas que o instituto ten no resto das cidades galegas.

Gabinete de Comunicación do Igape (Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia)