Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Traballo e Vegalsa-Eroski desenvolverán accións formativas conxuntas para emigrantes galegos

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
A Consellería de Traballo e o grupo Vegalsa-Eroski desenvolverán actividades en conxunto coa finalidade de formar profesionalmente aos emigrantes galegos nos países de Arxentina e Uruguai que teñan vontade de retornar a Galicia. O conselleiro de Traballo anunciou este compromiso durante a sinatura dun protocolo de colaboración entre a Consellería e Vegalsa-Eroski en materia de formación e emprego para fomentar a inserción laboral de mulleres en sectores nos que se atopan subrepresentadas, así como de persoas en risco de exclusión social.

O protocolo de colaboración foi asinado polo conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o director xeral de Vegalsa, Joaquín González, e a adxunta á presidencia do grupo Eroski, Leire Baraño.

Ricardo Varela salientou que no protocolo asinado establécense actividades de formación no sector do téxtil e da confección, que inicialmente se desenvolverán en Arxentina e logo en Uruguai. “A finalidade é formar aos emigrantes galegos ou aos seus descendentes e incorporalos ás plataformas loxísticas do grupo Vegalsa-Eroski”, afirmou Varela.

A modo de exemplo, indicou que na comarca de Ordes está deseñada unha actuación para que as mulleres que proveñan do sector téxtil teñan unha nova ocupación na plataforma loxística de Vegalsa en Sigüeiro (Oroso). “Esta acción dá resposta á necesidade de incorporar mulleres naquelas profesións masculinizadas”, declarou Varela.

O conselleiro de Traballo recordou que, durante a súa viaxe institucional a Arxentina, asinou un memorando co ministro de Traballo do país austral, Carlos Tomada, para facilitar a inscrición dos emigrantes galegos con vontade de regreso no Servizo Público de Emprego de Galicia. Deste xeito, ofreceráselles a posibilidade de acceder a accións formativas no país no que residen, antes de regresar a Galicia “cun posto de traballo garantido”, destacou.

Sinalou que no acordo Obxectivos e medidas de emprego, froito do Diálogo Social asinado pasado mes de febreiro, unha das medidas cara os sectores en reconversión é a promoción da mobilidade profesional, co fin de responder aos cambios sobrevidos no mercado laboral.

Creación de novos empregos

O responsable das políticas de emprego da Xunta afirmou que coa posta en marcha deste protocolo de colaboración, Vegalsa-Eroski prevé para o ano 2007 a creación de 250 novos empregos, ademais dun incremento de 300 traballadores con contrato indefinido. Dentro do capítulo de responsabilidade social, incorporaranse dez traballadores con discapacidade social, o que supón, o dobre dos que se lle esixe por lei, e cinco mulleres vítimas de violencia de xénero.

O conselleiro de Traballo puxo como exemplo de boas prácticas a Vegalsa-Eroski, empresa á que cualificou como “un grupo no que os compromisos sociais, a igualdade e a responsabilidade social son unha realidade”. “As cifras amosan esta realidade, xa que as mulleres representan o 75,2% do seu cadro de persoal, o 73% dos postos de responsables están ocupados por mulleres e ten unha taxa de estabilidade do 78,5%”, xustificou.

Ricardo Varela mostrouse satisfeito ante a sinatura do segundo protocolo de colaboración “por dobre motivo”. En primeiro lugar, porque considera moi positivas as actuacións realizadas ao longo do primeiro protocolo. En segundo lugar destacou que, esta liña de colaboración permite “visualizar que o modelo de empresa responsable e competitiva que estamos a propugnar é absolutamente viable”.

Os resultados da colaboración de 2006

O responsable de Traballo apuntou que o protocolo de colaboración asinado en 2006 “estableceu unha importante e fluída liña de colaboración entre a Consellería e Vegalsa”. Recordou que os obxectivos do protocolo eran “a creación de máis emprego e de emprego estable”, así como a incorporación de persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultades de inserción laboral.

Á través da posta en marcha desta actuación, “Vegalsa-Eroski incrementou o seu cadro de persoal en 322 traballadores”. “Deste total, o 12% procedían de cursos con compromiso de contratación financiados pola Consellería de Traballo”, apuntou Varela.

Así mesmo, a contratación indefinida de Vegalsa-Eroski aumentou en 636 traballadores, dos que 309 foron incentivados pola Consellería de Traballo. Por outra banda, o 62% dos alumnos que remataron os cursos incorporáronse á empresa a través dun contrato indefinido, “tal e como estaba previsto no protocolo asinado en 2006”, concluíu o conselleiro de Traballo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información