Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Aprobada a instalación da fábrica de paneis solares máis avanzada de Europa na Tecnópole

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O Consello de Administración da Tecnópole autorizou oficialmente a instalación da empresa T-Solar Global no recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia. A nova empresa ocupará 28.500 metros cadrados de terreo para o desenvolvemento dun proxecto pioneiro en Europa no sector dos paneis de enerxía solar fotovoltaica.

A importancia desta decisión ten dúas vertentes. Por unha banda, trátase do maior proxecto empresarial acollido pola Tecnópole en termos de investimento, cifrado en máis de 75 millóns de euros. Pola outra, é unha iniciativa pioneira en Europa, xa que representa un paso adiante na tecnoloxía de deseño e fabricación de paneis solares fotovoltaicos de capa fina de silicio. Ata o de agora, estes paneis veñen sendo fabricados nun 90 por cento con silicio cristalino, mentres que o proceso de fabricación que se levará a cabo no recinto ourensán de San Cibrao das Viñas se baseará no silicio amorfo, o de maior rendemento.

T-Solar Global terá unha capacidade anual de fabricación de paneis para producir ata 40 MWp (megawatios pico), unha cifra revolucionaria en España, onde o total dos fabricantes estatais xeneraron paneis solares para 82 MWp en 2005, último ano do que conta con datos completos a Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF).

Esta capacidade de produción será moi relevante no lugar que España ocupa no sector. Xa agora as empresas españolas dedicadas á fabricación de paneles solares supoñen o 14 por cento da produción europea e o 4 por cento da mundial.

A empresa conta con ter creado 200 postos de traballo aos dez meses de completar a súa instalación na Tecnópole, dos cales o 60 por cento serán cualificados –polo menos o 20 por cento deles enxeñeiros e licenciados-. A produción comezará no prazo máximo de 18 meses, coa previsión de ter no mercado os seus primeiros paneis solares no segundo semestre de 2008.

T-Solar Global aboará 45 euros por metro cadrado na Tecnópole e poderá edificar ata no 50 por cento da superficie total que lle foi concedida. O proxecto, que conta cun socio norteamericano de perfil tecnolóxico, está impulsado por Isolux, coa participación dun grupo promotor liderado por Marcial Portela, Xesgalicia e un grupo de socios minoritarios.
Noamia Ortega Dorado (Técnico de Proxectos-Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole)

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información