Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Innovación presenta a oferta turística de Galicia nun stand de 1.200 metros en Fitur 2007

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
A Consellería de Innovación e Industria, a través de Turgalicia-Dirección Xeral de Turismo, presenta un ano máis un stand institucional na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR 2007, que servirá de escaparate para a presentación da oferta turística de Galicia cara o ano 2007 aos operadores turísticos españois e estranxeiros, e no que estará presente toda a oferta, servizos e recursos turísticos galegos, entre os días 31 de xaneiro e 4 de febreiro.

Para esta edición de FITUR, Turgalicia deseñou un recinto promocional de 1.223 metros cadrados no que tamén estarán como coexpositores os concellos de Lugo e Ferrol; e as entidades Turismo de Santiago, Turismo da Coruña, Turismo de Vigo, Mariña luguesa, Comarca do Salnés, a Mancomunidade Arousa Norte, o Plan de dinamización turística da Costa da Morte, o Plan de dinamización turística Ferrol-Ortegal e o Padroado provincial de Turismo de Ourense.

Turismo atlántico

Este ano, Turgalicia promocionará dun xeito especial os valores turísticos que identifican e diferencian a oferta turística galega, agrupados baixo a denominación de Turismo Atlántico. Este novo concepto baséase no xeito de vida dos propios galegos, marcado pola fonda presenza do Océano e será o eixo fundamental da promoción turística galega para o no 2007.

No stand institucional galego terá tamén unha presenza especial a promoción dos contornos urbanos de Galicia, así como os centros históricos das cidades galegas como espazos turísticos senlleiros.

Ademais, Turgalicia fará un especial fincapé na promoción do Turismo de Saúde, as rías galegas, as zonas turísticas do interior e o Camiño de Santiago, a través de apartados diferenciados.

Imaxe de prestixio

En canto ao deseño do espazo de promoción do Turismo galego en FITUR 2007, preténdese transmitir unha imaxe de prestixio, cun estilo de vida que conta con personalidade propia.

A solución estética do stand baséase no concepto “escaparate”, baixo unha liña de vangarda, preciosista e de calidade, que pretende xerar un valor emocional da imaxe de Galicia entre os visitantes.

Nesta edición prímase o elemento humano cun alto enfoque publicitario por medio de grandes fotografías.

No marco da Feira Internacional do Turismo de Madrid, este ano o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinará o vindeiro xoves dous acordos de colaboración con Turespaña para a promoción conxunta dos catro territorios do norte da Península Ibérica, dentro da marca España Verde, e para a promoción conxunta do Camiño de Santiago cos territorios polos que atravesa esta ruta.

Ademais, o xoves, o director xeral de Tursimo e conselleiro delegado de Turgalicia, Rubén Lois, asinará un acordo coa vicepresidenta de Turespaña, Amparo Fernández, para o desenvolvemento conxunto dunha campaña de publicidade do Turismo galego nos mercados europeos.

Cita internacional

A Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, está consolidada como un mercado de referencia internacional para os distintos destinos e produtos turísticos, e supón unha inmellorable plataforma de promoción e comercialización turística.

Este ano, este certame turístico contará coa participación de máis de 800 expositores directos e espérase que se acheguen ata o recinto feiral máis de 100.000 persoas.

Actos no stand de Galicia:

Mércores, 31 de xaneiro:

16.00 horas.- PRESENTACIÓN RED DE JUDERÍAS DE ESPAÑA: CAMIÑOS SEFARAD: Organiza: Concello de Ribadavia e Red de Juderías de España. Na sala de actos do stand.

17.00 horas: PRESENTACIÓN “CIDADES SANTAS PATRIMONIO DA HUMANIDADE: XÉRUSALEM, ROMA E SANTIAGO”. Organiza: Turismo de Santiago. Lugar: sala de actos do stand.

18.00 horas: PRESENTACIÓN “O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO DE FERROL-ORTEGAL: LIÑAS DE TRABALLO”. Organiza PDT Ferrol-Ortegal. Lugar: Sala de actos do stand.

Xoves, 1 de xaneiro.

11.00 horas.- PRESENTACIÓN: “A CORUÑA, BALCÓN DO ATLÁNTICO”. Organiza Turismo da Coruña. Lugar: sala de actos do stand.

12.00 horas.- FIRMA CONVENIO PARA A CAMPAÑA DE PUBLICIDADE CONXUNTA ENTRE TURGALICIA E TURESPAÑA. Na sala de actos do stand.

FIRMA CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PARA PRÁCTICAS EN OFICINAS ESPAÑOLAS DE TURISMO NO EXTRANXEIRO. Na sala de actos do stand

13.00 horas.- PRESENTACIÓN “A COSTA DA MORTE, UN MAR DE VIDA ATLÁNTICA” Organiza PDT Costa da Morte. Lugar: sala de actos do stand.

17.00 horas.- PRESENTACIÓN:”AS COCIÑAS DO SALNÉS”. Organiza PDT O Salnés. Lugar: sala de actos do stan.

17.30 horas.- PRESENTACIÓN: “”O SALNÉS E A CABEZA DO DRAGÓN”. Organiza Mancomunidade de O Salnés. Lugar: sala de actos do stand.

18.00 horas.- PRESENTACIÓN: LIBRO-RECETARIO DE AMIGOS DA COCIÑA GALEGA e PRESENTACIÓN LIBRO “GALICIA NO PADAL”. Organizada por la DXT. Lugar: sala de actos do stand.

Venres, 2 de xaneiro

11.00 horas.- PRESENTACIÓN: “PAISAXES CULTURAIS DE OURENSE”. Organiza Padroado Provincial de Turismo de Ourense. Lugar: sala de actos.

12.00 horas. Chegada do Presidente da Xunta ao recinto feiral.

13.00 horas.- RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA AO SECTOR TURÍSTICO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Sala de actos do stand.

13.30 horas.- Aperitivo ofrecido aos asistentes do acto anterior. Bar do stand.

16.00 horas.- PRESENTACIÓN “DESTINO TURÍSTICO AROUSA NORTE” Organiza Mancomuniade Arousa Norte. Lugar: sala de actos do stand.

17.00 horas.- PRESENTACIÓN “TURISMO MARIÑEIRO E PESQUEIRO”. Organiza Turgalicia. Lugar: sala de actos do stand.

18.00 horas.- PRESENTACIÓN “DESCENSO INTERNACIONAL DE REMO DO RIBEIRO”. Organiza: AGAN. Lugar: sala de actos do stand.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información