Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Manuel Jove, Honorato López Isla e Javier Riera lideran a Sociedade Galega de Investimento

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O consello reitor da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC) presidido polo conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, acordou impulsar a creación dunha sociedade de investimento galega. A iniciativa estará liderada por Manuel Jove Capellán e na mesma está prevista a participación das entidades financeiras e outros investidores galegos. Dito fondo concretarase a partires da análise das posibles alternativas de constitución e terá como obxectivo servir de instrumento ou vehículo de investimento para promover proxectos de interese preferente para Galicia. A decisión foi adoptada polo consello reitor da FSC que tamén decidiu o nomeamento do conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, como presidente do órgano xestor da fundación que inclúe a un grupo de empresas líderes en Galicia, ás tres universidades galegas, ás dúas caixas de aforro, ao Banco Pastor e á propia Xunta de Galicia.

Por outra banda, o consello reitor acordou impulsar a creación do metadistrito galego, que suporá un dos principais retos da nova fundación e unha ferramenta fundamental no modelo económico que está a impulsar a Xunta de Galicia. O inicio do estudo do metadistrito galego será pilotado polo ex-director da planta do Grupo PSA en Vigo, Javier Riera, que pasará a ocupar unha vicepresidencia executiva na Fundación. O proceso para a configuración do metadistrito partirá dun traballo inicial de identificación dos clústers e estruturas semellantes existentes en Galicia e a elaboración do mapa de clústers.

Impulso da competitividade

A constitución dos comités de área da Fundación foi outro dos temas tratados no consello, que acordou o nomeamento dos responsables dos mesmos. Así, o comité de área de novos negocios e emprendedores estará liderado por Manuel Jove Capellán; o de medidas de competitividade da empresa e cooperación empresarial estará encabezado por Javier Riera Nieves; e o de investigación e coñecemento estará a cargo de Honorato López Isla. O impulso de actividades e proxectos nestas áreas é considerado fundamental para a mellora da competitividade das empresas galegas e da economía galega no seu conxunto.

A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento ten por obxecto o impulso, promoción e coordinación de actividades para a mellora da competitividade das empresas galegas e a súa internacionalización; a análise de novos proxectos de investimento; a extensión e implantación de novas tecnoloxías; o desenvolvemento da sociedade da información e o impulso das redes de coñecemento e cooperación.

As empresas e institucións fundadoras son PSA Peugeot Citroën, Inditex, Unión Fenosa, Coren, Pescanova, Finsa, Fadesa; as entidades financeiras Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor; as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e a Administración galega. O presidente do padroado da Fundación recae no Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; mentres que as vicepresidencias corresponden ao conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio e aos representantes de PSA Peugeot Citroën, Banco Pastor e Universidade de Santiago. Pola súa banda, o consello reitor está presidido polo conselleiro de Economía e Facenda; e inclue aos representantes das dúas caixas de aforros; das empresas PSA Peugeot Citroën, Unión Fenosa, Pescanova e Fadesa, e das universidades de Vigo e A Coruña.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información