Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Igape e ITG colaboran no desenvolvemento de HGPyme

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
Máis dun cento de pequenas e medianas empresas galegas puideron beneficiarse da colaboración que para difundir a innovación manteñen o Igape e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), entidade que busca situarse nun término que equidiste entre administración e empresa, entre a xeración de coñecemento e a súa aplicación. Trátase dunha fundación privada cun padroado no que figuran os colexios oficiais de Arquitectos, Enxeñeiros Industriais, de Camiños, Navais ou de Minas, as tres universidades galegas, a CEG ou a Xunta e cuxo fin básico é o de facilitar o acceso das pemes á investigación e o desenvolvemento tecnolóxico para que sexan así máis competitivas.

A idea é difundir e promover a cultura innovadora non só para que sexa aplicada nos procesos produtivos das empresas senón tamén nos de xestión cotiá. Tras esta ambición xurdiron proxectos conxuntos como HGPYme, unha ferramenta deseñada polo ITG para facilitar a xestión desas Pemes, un sistema que é accesible a través de Internet e de estar desenvolvido en código aberto polo que é facilmente adaptable ás necesidades específicas de calquera sociedade. É, ademais, a última evolución dunha inquedanza desenvolvida dende fai anos. “O uso de sistemas de xestión é cada vez máis común nos máis diversos sectores empresariais. Hai catro anos empregábano a metade das pemes españolas. Hoxe ese ratio subiu ata o 75% e crecerá. Este tipo de aplicacións asentaronse no mundo empresarial, teñen un gran presente e un prometedor futuro”, apunta Juan Sobreira, técnico do Área de Programas e Proxectos do ITG.

Sistema de xestión integral

HGPyme é un sistema de xestión integral que incorpora aplicacións que van dende o control de compras, vendas, almacén ou contabilidade ao mantemento dunha tenda virtual ou un portal corporativo na rede. Ou o que é o mesmo, consta dun conxunto de funcionalidades que, por unha banda, permiten a xestión dos procesos de negocio da empresa e, por outro aproveitan a potencialidade de Internet para facilitar e relanzar a imaxe pública on-line da peme. “É un sistema que axuda ás empresas a entender mellor a súa actividade e estandarizar os seus procesos de negocios para que sexan máis eficientes e se poidan concentrar máis noutros esforzos, como servir aos seus clientes e maximizar os beneficios”, explica Sobreira antes de facer balance e recordar que no ITG xa teñen experiencia no desenvolvemento dese tipo de solucións, sempre en colaboración co Igape, e dentro do Plan de Consolidación e Competitividade da Pequena e Mediana Empresa (PCCP).

Así xurdiu SyMGP, dentro dun proxecto suprarregional liderado desde Galicia e que levou unha ferramenta de planificación, seguemento, control e xestión da produción a 24 pemes de Galicia, País Vasco e Castela-León. Ou CSM, iniciativa destinada a 20 pemes industriais que riquiren un control dos seus equipos e maquinaria. “En realidade con HGPyme colmamos unha liña de traballo iniciada en 1996 cando apostamos por desenvolver aplicacións en código aberto e entón ninguén o facía”, lembrase Carlos Calvo Orosa, director xeral do ITG. O financiamento do Igape propiciou que 15 empresas galegas de diferentes sectores puidesen implantar HGPyme.

Colaboración continuada

A presenza de distintos sectores produtivos entre os beneficiarios dos proxectos obedece a unha vocación que explica Carlos Calvo. “A natureza do ITG é horizontal e facemos diso un aceno de identidade porque somos o único centro con esta característica na nosa comunidade”, explica. A liña de colaboración entre o Instituto e o Igape comezou en 1998 a través da denominada entón Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial. Máis adiante canalizouse a través do PCCP. “Somos socios naturais, nós como organismo intermedio e o Igape como xestor de fondos públicos”, lembra María José Mariño, directora do Área de Innovación do ITG. “As pemes son o soporte da economía galega, moitas xa aplican procesos de I+D+i sen ser conscintes diso, pero precisan ter esa tensión de cambio para seren máis dinamicas. Nese senso colaboramos co Igape para promover unha cultura innovadora”, matiza Carlos Calvo. Os campos que abranguen esa cooperación son variados. O proxecto ValGA, por exemplo, introduciu en 14 pemes galegas a metodoloxía da análise e xestión do valor, un enxeño creado para reducir custos nas empresas a través da motivación dos recursos humáns. Empresas como Aceriusa, Cerámica Verea, Construcións Fontenla, Intaf ou Mobles Hermida aproveitáronse desta posibilidade para optimizar o seu traballo.

Algúns deses proxectos van dirixidos a un público máis concreto. É o caso de Presupuesta.com, unha base de datos da construción que actualiza a oferta e os prezos do sector, que empregan máis de nove mil usuarios e que serve de canle de comunicación entre fabricantes de materiais, arquitectos, enxeñeiros, constructores, instaladores ou técnicos da Administración. É algo así como un xigantesco escaparate de produtos e servizos, útil para a confección de orzamentos e accesible, tamén, a través dunha conexión a Internet. “É un proxecto redondo”, sentenza Carlos Calvo antes de engadir: “É novedoso, pioneiro e único en España non só cando empezamos con él fai catro anos senón tamén a día de hoxe”. Trinta empresas do sector, entre elas ABN Pipe, Roca, Knauff, Uponor ou Technal publican os seus catálogos a través de Presupuesta.com.
Gabinete de Comunicación do Igape (Consellería de Economía-Xunta de Galicia)

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información