Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Fernando Blanco define a cociña galega como unha das construccións máis importantes da nosa cultura e identidade

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco Álvarez, xunto co director xeral de Turismo, Rubén Lois González, e o Presidente dos Amigos da Cociña Galega, José González Solla, presentaron en Santiago o novo Libro-receitario desta asociación gastronómica, integrada por 16 restaurantes. Na súa intervención neste acto, o Titular de Innovación e Industria definiu a cociña galega como “unha das construcións máis importantes da nosa cultura e mesmo da nosa identidade como pobo”, e destacou que a gastronomía galega “está de moda, dentro e fora do país”, cunha presenza cada vez maior “nos medios de comunicación, nas tertulias e incluso no ámbito familiar, no que se valora cada vez máis o feito de coñecer os segredos deste arte”. Engadiu que neste contexto se enmarca a edición deste libro-receitario, que cualificou como “un clásico dentro da literatura gastronómica galega”.

Fernando Blanco felicitou aos Amigos da Cociña polo traballo realizado, e lembrou que esta obra, na súa edición en lingua inglesa, “chegou xa a mans dalgúns dos máis importantes críticos gastronómicos internacionais”, xa que foi entregada como agasallo promocional nas xornadas que o Goberno Galego organizou o pasado mes de novembro na sede das Nacións Unidas, en Nova York, que o Titular de Innovación e Industria definiu como unha promoción “que non ten precedentes no turismo galego, e coa que quixemos poñer de manifesto que estamos á altura de calquera outro lugar do mundo en materia culinaria”.

Receitas

O libro presentado é unha escolma de 193 receitas gastronómicas suxeridas por cada un dos restaurantes que integran a Asociación Amigos da Cociña Galega. Contén uns textos introductorios da propia Dirección Xeral e do Centro Superior de Hostelería de Galicia, así como unhas notas sobre a historia dos Amigos. O deseño buscou a orixinalidade, cunha capa de cartón revestido de papel de 125 gramos, plastificado mate e impreso a catro tintas. Incorpora un marcapáxinas tamén especialmente deseñado, un garfo de madeira coa inscripción “Amigos da Cociña Galega” que vai suxeito ao libro cunha cinta de raso. Na presentación desta obra, o conselleiro de Innovación e Industria destacou o seu económico prezo de venda ao público (12 euros), tendo en conta –dixo– “tanto a calidade dos contados como da edición”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información