Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Carmen Gallego destaca o papel da acuicultura galega na inauguración de Acui 2006

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar inaugurou en Vilagarcía de Arousa a II Feira Internacional de Acuicultura, Acui 2006. A titular de Pesca da Xunta salientou a importancia desta mostra na súa segunda edición, ao calificala como “referente sectorial para coñocer os últimos avances e as tendencias que están marcando a evolución da actividade acuícola no ámbito internacional”.

No seu discurso, Gallego Calvar augurou un gran éxito nesta convocatoria da feira, que abriu as súas portas cun notable incremento de expositores e empresas participantes respecto á edición pasada. Segundo apuntou a conselleira, “esta boa resposta de participación responde ao traballo realizado pola organización nos últimos meses e reflexa, moi especialmente, o liderazgo internacional de Galicia na produción de mexillón e rodaballo e no desenvolvemento de novas especies como o ollomol”.

Neste contexto, Gallego Calvar valorou unha vez máis a incorporación do sector acuícola galego á organización da exposición, xa que “suporá o impulso definitivo para convertir esta feira nun grande centro de negocios para o sector, unha plataforma de intercambio de coñecementos e experiencias e un referente internacional do desenvolvemento da acuicultura”. Neste senso, lembrou o compromiso que ten a administración pesqueira galega “na potenciación de Acui como instrumento para a proxección internacional das nosas empresas e como foro onde abordar os retos que se lle plantexan ao sector neste momento”.

O apoio da Consellería de Pesca a esta feira enmárcase dentro da decidida aposta da Xunta polo desenvolvemento sostible do sector da acuicultura no litoral galego, no que se pretende compatibilizar a actividade empresarial e a conservación da natureza. Segundo explicou Gallego Calvar, este ano o executivo autonómico incrementou nun 123% o presuposto destinado ao desenvolvemento da actividade acuícola, superando así os 61 millóns de euros. Ademais, o Goberno da Xunta está activando instrumentos que contribúen a reforzar a capacidade tecnolóxica, financeira e comercial das empresas do sector.

Pola súa banda, o departamento que dirixe Carmen Gallego traballa a reo para fomentar a investigación aplicada no ámbito da acuicultura e o trasvase de coñecemento entre o sector e os centros de investigación. De feito, o persoal dos centros dependentes da Consellería levan a cabo proxectos sobre novas especies de cultivo de peixes, así como investigacións sobre patoloxías, reprodución e nutrición de peixes e moluscos. Asemade, a conselleira fixo fincapé no importante esforzo que o seu equipo está levando a cabo na investigación de toxinas e lembrou que se está poñendo en marcha unha acción estratéxica, dotada con máis dun millón de euros, no marco do Plan Galego de I+D+i. Esta acción estará coordinada polo Centro de Investigacións Mariñas e o Centro Tecnolóxico do Mar.

Aposta pola modernización da comercialización

Durante o acto inaugural de Acui 2006, a conselleira de Pesca quixo lembrar a necesidade de “fortalecer algunhas das importantes vantaxes competitivas do sector, como son a flexibilidade e a capacidade de adaptación da produción á evolución do mercado”. Neste senso, dende a Consellería se están a impulsar iniciativas para a modernización das canles de comercialización, o desenvolvemento de novas presentacións e a promoción de novos produtos en mercados exteriores. Entre estas actuacións, se encontra a campaña de promoción do mexillón, presentada o pasado mes de xullo, así como o convenio que asinarán Pesca e o Consello Regulador do Mexillón para impulsar a consolidación da D.O.P. deste produto.

Percorrido pola feira

Tras o discurso de inauguración, Carmen Gallego fixo un percorrido polos expositores da feira, entre os que se atopa o stand institucional da Consellería de Pesca, de 100 metros cadrados. Neste espazo os visitantes poderán obter información sobre as actividades do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, a nova campaña de promoción do mexillón galego e as novidades sobre o Congreso Internacional de Acuicultura, que se celebra o vindeiro ano na nosa comunidade. Asimesmo, no marco da feira, Pesca desenvolverá seminarios técnicos sobre investigación en acuicultura mariña e ofrecerá degustacións de produtos do mar como o mexillón, o linguado, o abadexo ou o ollomol.

Nesta segunda edición da Feira Internacional de Acuicultura, o departamento que dirixe Gallego Calvar destinou un total de 100.000 euros, cuantía que, tal e como anunciou a conselleira fai uns días, será revisada ano tras ano.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información