Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Nace o grupo de investigación Aerolab

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Baixo o nome de Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) constituíuse recentemente no campus de Ourense un novo grupo de investigación. “Aerolab nace co obxectivo de converterse nun referente no ámbito da enxeñaría do transporte, con especial énfase nos sistemas aéreos”, explica o seu investigador principal, Higinio González.

Os obxectivos de investigación do grupo, sinalan desde a súa organización, “atópanse dentro do alcance dos sistemas aeroespaciais e de transporte, considerando moitos aspectos diferentes, como por exemplo: mobilidade avanzada, redes loxísticas, mantemento e resiliencia de infraestruturas, sistemas de transporte intelixentes e xeoinformación”. As principais liñas de traballo de Aerolab serán a mobilidade (nos seus diferentes ámbitos e destacando o aéreo) e a xestión de infraestruturas de transporte, aplicando tecnoloxías como sistemas aéreos non tripulados, sistemas de navegación satélite, satélites de observación terrestre, sistema de información xeográfica, visión por computador, lidar, algoritmos de control e optimización e xeoinformación e intelixencia artificial.

800.000 euros de financiamento activo

Aerolab é un grupo multidisciplinar formado por persoal investigador de diferentes eidos de coñecemento (como a física, a enxeñaría aeroespacial, a informática e enxeñaría de sistemas) pertencentes ao Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais da Universidade de Vigo. Está formado por oito membros, estando ademais de Higinio González, Fernando Veiga, Eduardo Balvís, Gonzalo Durán, Enrique Aldao, Gabriel Fontenla, Eduardo Ríos e Raquel Ortega. Estes membros participan en cinco proxectos de investigación financiados con máis de 800.000 euros pola Axencia Estatal de Investigación e o programa europeo Horizon Europe. Entre estes proxectos están os de Modelo de inspección e información ferroviaria (RIIM); o de Dixitalización do espazo aéreo e mariño para o despregue de sistemas aéreos non tripulados aplicados ao mantemento de parques eólicos offshore e o titulado Sustainability and resilience for infrastructure and logistics networks.

Para o desenvolvemento do seu traballo, explica Higinio González, profesor da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo, o grupo dispón de instalacións no campus de Ourense, nas que se poden facer, por exemplo, ensaios de sistemas de inspección ferroviaria ou ensaios con aeronaves non tripuladas, e de servidores de cálculo e almacenamento masivo de datos. Sobre a posta en marcha deste novo grupo o seu responsable sinala que “buscamos a excelencia na investigación, sen perder a conexión coa contorna socioeconómica da nosa rexión e a necesidade de trasladar os nosos resultados á industria”.
Universidade de Vigo

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información