Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Os últimos avances sobre protonterapia protagonizan un obradoiro científico organizado polo IGFAE

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Nos vindeiros anos, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela acollerá o Centro Galego de Protonterapia, unha instalación que sirve como eixe do obradoiro científico internacional que se desenvolve esta semana no Centro de Estudos Avanzados do Parque de Vista Alegre. O encontro está organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia.

Na mañá deste martes 9 tivo lugar a inauguración das xornadas de traballo, coa benvida de Carlos Salgado, director do IGFAE. No obradoiro, que conta coa presenza de preto de 80 participantes de varios países, amosaranse os últimos avances sobre esta tecnoloxía, a investigación aplicada que xera e a complexa instrumentación que se require para a súa implantación, así como o impacto clínico e económico destas infraestruturas.

Escenario de presente e futuro

A primeira xornada contou coas intervencións de Antonio Gómez Caamaño, xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterápica do CHUS, que abordou o escenario actual da radioterapia de precisión. A continuación, María Loureiro, catedrática de Fundamentos de Análise Económica da USC, analizou o impacto económico de grandes infraestruturas científicas, como a que está previsto construír na capital galega. Tamén participou a científica galega Yolanda Prezado, investigadora no Institut Curie, principal centro de estudo e tratamento do cancro en Francia, onde pescuda novos enfoques para reducir os efectos secundarios da radioterapia.

Ao longo do día, o obradoiro organizado polo IGFAE dá conta das experiencias de persoal de centros de investigación de Dresde (Alemaña), Bronowice (Polonia) e Cantabria, onde se traballa actualmente no desenvolvemento de instalacións científicas enfocadas á protonterapia. Na sesión da tarde expóñense cuestións como o potencial uso da terapia de hadróns en doenzas neurodexenerativas e avances sobre radiobioloxía aplicados a esta disciplina.

Para a xornada do mércores está prevista a intervención do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, xunto ao vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, e o director do IGFAE, Carlos Salgado. As presentacións do persoal investigador centraranse neste segundo día na investigación aplicada arredor da protonterapia e os desenvolvementos na instrumentación precisa para os tratamentos clínicos.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información