Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O grupo CIMA da UVigo traballa no deseño dun dispositivo que permitirá predicir crisis epilépticas con varios minutos de antelación

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
Aínda que existen moitas causas que poden provocala (lesións ou desenvolvemento cerebral anormal, enfermidades…), a día de hoxe non existe ningunha forma de previr as crises, que no 70-80% das e dos pacientes se tratan con fármacos antiepilépticos.

Aínda que a maioría das crises epilépticas non ocasionan accidentes graves ás persoas que as padecen, a posibilidade de detectalas antes de que se produzan contribuiría de xeito significativo a mellorar a súa calidade de vida. “A nosa proposta busca desenvolver un dispositivo que permita predicir crises epilépticas con varios minutos de antelación. O dispositivo rexistrará sinais de electroencefalograma (EEG) para analizalas con intelixencia artificial (IA) e buscará patróns que permitan a predición dunha crise”, explica Carlos Riveiro Cedeira, investigador do grupo CIMA da UVigo, que está a desenvolver o dispositivo ao abeiro do proxecto PredictEPI, financiado pola multinacional Indra e a Fundación Universia. “O obxectivo principal é demostrar que é posible predicir as crises epilépticas en tempo real e en pacientes que realicen unha vida normal, fóra da clínica, e buscar o límite ata o cal a tecnoloxía pode chegar en termos de fiabilidade e tempo de predición”, sinala o investigador, que destaca que CIMA xa traballara no pasado en proxectos enmarcados no ámbito da biomedicina, ademais de ter experiencia no uso de intelixencias artificiais. “Non obstante, a idea de xuntar IA para detectar ou anticipar sucesos a nivel neurolóxico é unha liña na que nos embarcamos agora con este proxecto, e que esperamos que nos leve a facer moitos máis”.

Así mesmo, o dispositivo no que traballan os investigadores rexistrará as ondas eléctricas cerebrais co obxectivo de apoiar o seguimento de enfermidade e axustar o tratamento por parte do equipo médico a cargo dos pacientes.

Un dispositivo que traslade o coñecemento científico a pacientes reais

Que as persoas que sofren crises epilépticas poidan ser alertadas delas con varios minutos de antelación, permitiríalles adoptar medidas de seguridade que eviten golpes ou lesións, e mesmo, nalgún caso, a morte. “Isto, ademais do indubidable efecto sobre a seguridade, ten consecuencias a nivel de inclusión social e laboral, pois aumentaría a liberdade das persoas epilépticas e a súa capacidade de realizar certas tarefas sen riscos e de forma autónoma”, argumenta Carlos Riveiro, que lembra que ao grupo de investigación, á hora de volver a traballar en temas relacionados coa medicina, se lles ocorreron varias ideas, pero á que máis futuro lle viron e tamén, máis os motivaba, foi a de predicir episodios epilépticos.

Riveiro confirma que na actualidade, só existe un dispositivo comercializado no mundo, o MJN-seras, e que aínda que hai bastante literatura científica sobre algoritmos matemáticos para analizar EEGs clínicos e predicir crises epilépticas, “falta o paso final de incorporalo todo nun mesmo dispositivo e estudalo en pacientes reais”.

Primeiros pasos

PredictEPI comezará a desenvolverse unha vez se concreten os detalles coas entidades financeiras e coa Asociación Coruñesa de Epilepsia e a Federación Española de Epilepsia, coas que CIMA colabora. O proxecto do grupo de investigación da UVigo foi unha das tres propostas gañadoras da VI Convocatoria de ayudas a proyectos de investigación aplicada a la creación de nuevas Tecnologías Accesibles Indra-Fundación Universia, á que desde o seu lanzamento concorreron máis dun cento de grupos de investigación de universidades públicas e privadas, que presentaron máis de 300 propostas.

Universidade de Vigo

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información