Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Un estudo galego desvela datos xenómicos que poderían axudar a diagnosticar o cancro hepático ata dúas décadas antes de que se manifeste

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
O descubrimento, cuxos detalles acaban de ver a luz en Nature Communications, fíxose no marco dun consorcio internacional (Pan-Cancer) integrado por equipos de Inglaterra, Xapón e España, que utiliza avanzadas tecnoloxías de secuenciación do ADN para conseguir describir unha nova vía de formación de tumores como consecuencia da actividade do virus VHB, e o seu comportamento xenético, coa formación de tumores. O avance podería facilitar o diagnóstico precoz da enfermidade e axudar a deseñar estratexias terapéuticas máis eficaces.

O 4% da poboación mundial está infectada polo virus da hepatite B (VHB). O 20% dos e das enfermas acabará morrendo por mor de cirrose ou cancro de fígado, un dos poucos tipos tumorais cuxa taxa de mortalidade prevese que siga aumentando nos próximos dez anos. Sábese que o cancro hepático desenvólvese habitualmente nun fígado enfermo, pero falta afondar en como é posible que unha infección por un virus poida derivar en cancro.

Dende hai décadas coñécese que, durante a infección, como parte do seu ciclo natural, VHB introduce o seu propio material xenético –o seu manual de instrucións– dentro das células do fígado humano. “Iso é o que lle permite seguir producindo copias de si mesmo e estender a infección. Este proceso, que é común a moitos outros virus, pode en ocasións rematar coa integración do ADN de VHB dentro do ADN humano, de igual modo ao que ocorre cando engadimos un par de elos máis a unha pulseira que nos aperta”, sostén a primeira autora do artigo, Eva G. Álvarez. “Estas integracións do ADN do virus poden ser prexudiciais per se, pero por si soas non permitían explicar como VHB promove a formación de tumores”, engade a investigadora.

Descifrar o ADN

Froito dunha investigación de varios anos e do traballo conxunto desde centros de Inglaterra, Xapón e España, conseguiuse achegar certa luz a estas incógnitas. Neste estudo, no que se abordaron 296 carcinomas de fígado, describiuse un novo fenómeno que podería estar detrás do inicio e da progresión destes tumores. “Utilizando tecnoloxías punteiras de secuenciación de ADN, comprobamos que, con frecuencia, as integracións do ADN do virus están a mediar alteracións no xenoma das células hepáticas. É dicir, no noso xenoma, adxacentes ao lugar en que se integra o ADN viral, vemos outro tipo de anomalías –como perdas do ADN nativo ou fusións entre cromosomas diferentes– que, en última instancia, fan que se perdan xenes protectores contra o cancro”, segundo explica a investigadora da USC e coautora do artigo, Paula Otero. Por tanto, sería a ausencia destes xenes, que en condicións normais evitan que as células se dividan sen control, a que podería estimular a formación do tumor.

Ir por diante da enfermidade

Uno dos descubrimentos máis sorprendentes foi poder demostrar que estes feitos ocorren de maneira moi temperá, ás veces mesmo dúas décadas antes de que se diagnostique o tumor. Por iso, segundo Paula Otero, “cremos que estes achados poderían facilitar o diagnóstico precoz da enfermidade, e tamén axudar a desenvolver estratexias terapéuticas máis eficaces”.

As liñas de traballo deste grupo de investigación liderado polo profesor da USC José Tubío, tamén asinante do artigo, pasan no futuro por ir un paso máis alá e estudar a integración de VHB en tecidos pre-tumorais, é dicir, en fígados infectados por VHB nos que aínda non se desenvolveu o tumor. “Isto permitiranos ver o momento exacto no que estes eventos teñen lugar, caracterizalos e analizar como afectan á estrutura do xenoma. Desta maneira poderemos ter unha visión global do proceso de desenvolvemento tumoral dende un punto de vista evolutivo”, conclúe a investigadora Eva G. Álvarez.
Universidade de Santiago de Compostela

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información