Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Preto 500 expertos e profesionais da educación reúnense nun congreso virtual

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
Dirixido a compartir e debater coñecementos teóricos e prácticos sobre diferentes áreas vinculadas á educación e á psicoloxía do desenvolvemento, especialistas de 12 países participarán como conferenciantes neste foro que, por mor da covid-19, desenvólvese por segundo ano consecutivo a través dunha plataforma virtual.

Organizado polo grupo de investigación CTS-261 da Universidad de Granada, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra, o Instituto de Educación da Universidade do Minho e a Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Porto, trátase dun evento anual con sede rotatoria, que en abril de 2020 programara a súa oitava edición en Pontevedra. A situación provocada pola pandemia obrigou a adiar e a converter finalmente en virtual a anterior edición deste congreso internacional, que mantén neste 2021 esta mesma modalidade, o que contribúe tamén a que poida acoller a presentación de "preto dun milleiro de traballos, entre simposios, comunicacións e pósters”, como explica a presidenta do comité organizador, a catedrática da Universidad de Granada María de la Paz Bermúdez.

Pontevedra, no horizonte

“Este congreso vén a encher un oco importante nos ámbitos das ciencias da educación e da psicoloxía do desenvolvemento”, engade o vicerreitor do campus, Jorge Soto, presidente do comité científico dun congreso que, lembra, pon o foco nos tres ámbitos de traballo no ámbito educativo, “que son o familiar, o escolar e o comunitario”. O obxectivo “é poder realizar achegas á sociedade a través da investigación”, engade Soto, que subliña que o obxectivo, inicialmente previsto para este 2021, “de poder reunirnos todos en Pontevedra, segue en pé”.

Promovido polo grupo CTS-261 xunto con outra serie de institucións, como a universidade que exerce como sede cada ano, o desenvolvemento da próxima edición en Pontevedra é “un proxecto que só está pendente de executar”, subliña Bermúdez. “Un congreso comeza a organizarse con moita antelación e cando comezamos con esta edición aínda era prematuro pensar na modalidade presencial, polo que optamos por ofrecer só a versión virtual”, engade a catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, que avoga por recuperar o carácter presencial deste foro académico, combinándoa coa virtual, que fai posible, lembra, “que investigadores de todo o mundo compartan os seus traballos”. Neste senso, Bermúdez pon de relevo a aposta do vicerreitor do campus porque a cidade sexa a sede da próxima edición. “É un acontecemento moi potente, tanto o campus como para a cidade, e vainos permitir entrar en contacto con entidades, organizacións e grupos de investigación cos que abrir novas vías de colaboración a nivel internacional”, salienta Soto

Tres días de conferencias, simposios e comunicacións

A través dunha plataforma virtual, iranse presentando ao longo das próximas xornadas un programa de relatorios, simposios e presentacións de traballos. Por unha banda, o programa do congreso abrangue un total de dez conferencias, como a que María Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra la Violencia Doméstica y de Género, do Consejo General del Poder Judicial, centrará na violencia machista en parellas adolescentes. O desenvolvemento da resiliencia familiar, un relatorio do director da Escuela Nacional de Formación de Aldeas Infantiles en España, José Manuel Morell; e os desafíos da educación a distancia, da man da directora da Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura, Miriam Preckler, serán outras das temáticas a abordar nestas xornadas. Así mesmo, entre as e os conferenciantes figura tamén a ex-conselleira de Educación Carmen Pomar e o propio Jorge Soto, que impartirá un relatorio sobre o desenvolvemento competencias sociais e emocionais.

Xunto a esta serie de conferencias, desenvolveranse diferentes sesións prácticas, que abordan de maneira en temáticas como o xeito de “desenvolver o talento, a resiliencia ou as competencias sociais”, salienta Bermúdez. Por outra banda, o programa complétase cunha serie de simposios e comunicacións que poñen o foco en múltiples aspectos relacionados coas preto de 40 áreas temáticas que comprende o congreso e nos que participarán expertos e expertas de España, Portugal, Francia, Bélxica, Estados Unidos, Brasil, México, Chile, Ecuador, Paraguai e Puerto Rico. Como explica Bermúdez, “a actualidade é a que determina os temas que se tratan de maneira máis ampla”, o que motiva que as consecuencias da covid-19 teñan de novo un papel protagonista neste evento. De feito, se ben en 2020 “presentábanse máis estudos sobre a adaptación á docencia virtual” á que obrigou a pandemia, nesta ocasión diferentes traballos poñen o foco “na adaptación persoal e familiar”. Do mesmo xeito, outra das temáticas que aumenta presenza nesta novena edición edición, sinala, é a relacionada co desenvolvemento sostible e os obxectivos da Axenda 2030.
Universidade de Vigo

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información