Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A USC lidera un proxecto para desenvolver unha vacina contra a COVID-19 baseada en ARNm

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Desenvolver e avaliar en estudos preclínicos unha nova vacina baseada en ARNm contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus é o fin último do proxecto de investigación no que traballa o laboratorio que lidera a catedrática da USC María José Alonso, e no que participa tamén o grupo dirixido pola catedrática da Universidade Mabel Loza. O obxectivo destes laboratorios é o de producir un vehículo sintético baseado en biomateriais inocuos e capaz de transportar o ácido ribonucleico mensaxeiro (ARNm) ao interior das células dianas, de modo que logre a produción do antíxeno no organismo humano. O proxecto acaba de ser financiado polo Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).

As vacinas tradicionais están formadas por doses pequenas ou inactivadas do organismo causante da enfermidade, ou as proteínas que produce, que se introducen no corpo para provocar que o sistema inmunitario xere unha resposta. Pola contra, as vacinas de ARNm “enganan” ao corpo para que produza algunhas das proteínas virais, utilizando para iso ácido ribonucleico mensaxeiro, que contén “instrucións” para construír unha proteína. Para producir unha vacina de ARNm, os científicos crean unha versión sintética do ARNm que un virus usa para construír as súas proteínas infecciosas. Este ARNm entrégase ás células, que o len para construír esa proteína viral. O sistema inmune detecta estas proteínas virais e comeza a producir unha resposta defensiva fronte a elas. O consorcio internacional traballará nunha “alternativa prometedora fronte vacinas convencionais polo seu gran potencial, rápido desenvolvemento, fabricación a baixo coste e administración segura”, explica a profesora Alonso.

O proxecto

Para o desenvolvemento desta vacina, o equipo de investigadores utilizará métodos computacionais para identificar as partes do virus que sexan capaces de provocar unha resposta notable no sistema inmunitario. Seguidamente, procederase á fabricación da molécula ARNm máis prometedora e, por último, á súa incorporación nun vector viral ou sintético, co fin de garantir a estabilidade do ARN e favorecer a súa chegada efectiva ao sistema inmunitario. Concretamente, neste proxecto, o equipo que lidera María José Alonso terá como misión o desenvolvemento de vehículos que simulan virus artificiais para a protección e transporte do ARNm á célula diana.

O equipo que lidera María José Alonso dedicou tres décadas de esforzo ao desenvolvemento de novas vacinas, contando co financiamento da Fundación Bill e Melinda Gates, a Organización Mundial da Saúde, o Instituto de Saúde Americano (NIH), o Ministerio de Ciencia e Innovación, e a Consellaría de Economía e Competitividade da Xunta de Galicia. Nesta liña, destaca o recente desenvolvemento dunha vacina contra a sida, en colaboración con investigadores americanos e canadenses, que deu lugar a resultados prometedores en macacos. María José Alonso forma parte do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS).

O proxecto é parte dun consorcio internacional liderado polo Institut d'Investigacions Biomèdiques August Pi i Sunyer (IDIBAPS) e conta coa colaboración da Universidade de Barcelona, o Institut de Recerca Biomèdica (IRB), a Universidade Pompeu Fabra, o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC) e a Universidade Libre de Bruselas.
Universidade de Santiago de Compostela

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información