Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O grupo de Medicina Xenómica da USC coordinará unha investigación internacional para analizar os determinantes xenéticos de risco na evolución da COVID-19

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Carracedo é investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC. Xunto a el, coordinará este proxecto o director científico do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras, Pablo Lapunzina. O proxecto conta tamén coa axuda da Fundación Amancio Ortega, dentro do seu presuposto para a loita contra a COVID-19.

O consorcio internacional do que forman parte máis de vinte hospitais, así como grupos de investigación de alto nivel, acometerá asemade a busca de biomarcadores xenómicos de risco ou protección en pacientes que teñan recibido tratamento durante a infección e que evolucionaran de xeito dispar. Este proxecto abarcará a 8.000 pacientes con infección por SARS-CoV-2 e test microbiolóxico positivo, tanto de España como doutros países do mundo. Concretamente, centrarase en 7000 pacientes de España e outros 1000 de países latinoamericanos, cunha maior mestura xenética.

Con estes datos, os investigadores disporán do poder estatístico suficiente para determinar a relación entre os eventos de interese e as variantes xenéticas estudadas. O consorcio desenvolverá un estudo de asociación de xenoma completo (GWAS) na mostra de 7.000 pacientes españois e un estudo de secuenciación de xenoma completo en 300 pacientes seleccionados. O GWAS realizarase no Centro Nacional de Xenotipado na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS).

Adecuación e optimización de protocolos terapéuticos

"Os datos clínicos, é dicir, signos, síntomas e achados, así como os antecedentes persoais e epidemiolóxicos recolleranse nunha base de datos común xa deseñada para este proxecto", explica Anxo Carracedo. "Atoparemos así determinantes xenéticos/xenómicos de risco e mala evolución que permitan unha mellor estratificación dos pacientes e a adecuación e optimización de protocolos terapéuticos", afirma o catedrático da USC.

O proxecto desenvolverase ao longo dun ano e será coordinado dende o Centro de Investigación Biomédica en Rede. Na execución do mesmo, intervirán investigadores de Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, Santander, Madrid, Bilbao, Valladolid, A Coruña, Segovia, Granada, Barcelona, Leon, Soria, Burgos, Sevilla, Lleida e Tenerife, así como de varios países de Latinoamérica e Europa como Arxentina, Uruguai, Brasil, México, Colombia ou Reino Unido.
Universidade de Santiago de Compostela

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información