Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Un proxecto con participación galega para investigar novas ferramentas antitumorais recibe apoio comunitario

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Estes compostos son capaces de actuar de forma selectiva sobre o metabolismo das células nai do cancro e, deste xeito, eliminar as súas características canceríxenas. Estas células son responsables do inicio e expansión de moitos tipos de cancro, e por iso existe un grande interese en eliminar ou cancelar a actividade destas poboacións celulares.

O novo proxecto antiCSC permitirá avaliar ata que punto é viable a utilización dalgúns destes compostos como novos axentes antitumorais, unha investigación que xorde como resultado dos descubrimentos asociados ao proxecto previo ERC Advanced Grant METBIOCAT, situado na fronteira entre a química de metais e a bioloxía celular.

En concreto, o grupo do profesor Mascareñas descubriu nos últimos anos que algún destes complexos sintéticos con metais de transición podía actuar sobre ADN xenómico dunha maneira bastante específica; máis tarde, e grazas a unha colaboración fundamental con biólogos celulares na Universidade Autónoma de Madrid (UAM), comprobouse que un destes compostos químicos afectaba a capacidade das células nai do cancro para xerar tumores agresivos. Os resultados iniciais foron moi prometedores e, de feito, na actualidade estase a explorar xa a actividade anticanceríxena dun destes compostos, tanto ‘in vitro’ como ‘in vivo’.

Nesta mesma liña, unha das informacións máis valiosa e relevante obtida como resultado das investigacións previas foi a revelación do mecanismo de acción deste composto metálico que, aparentemente, é quen de inducir unha alteración selectiva do metabolismo mitocondrial das células nai de cancro. E é precisamente este descubrimento a base sobre a que se sustenta o novo proxecto ERC.

O obxectivo agora é avanzar no desenvolvemento deste novo tipo de complexos metálicos para que poidan actuar de forma moi selectiva sobre as mitocondrias das células nai do cancro, dispoñendo así dun novo tipo de medicamentos antitumorais. Ademais, e de novo en colaboración co grupo de biólogos da UAM, preténdese obter máis información sobre a bioloxía das células nai do cancro e sobre o seu talón (ou talóns) de Aquiles a nivel metabólico, xa que é clave para desenvolver novas estratexias antitumorais máis efectivas.
Universidade de Santiago de Compostela

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información