Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo San Simón da Costa e Mel de Galicia protagonizan as Exaltacións Gastronómicas de outubro en Lugo

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O Deputado de Participación Cidadá,Roberto García Pernas, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores na Fortaleza do Pazo de Tovar de Lourenzá as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugo do mes de outubro. Estas degustacións terán lugar, dende o vindeiro venres e ata o día 27 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes empregarán nos seus menús as Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo San Simón da Costa e Mel de Galicia cociñados con diferentes estilos.

García Pernas destacou que a Deputación de Lugo, da man de APEHL, leva 8 meses impulsando este proxecto culinario co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico e dinamizando o sector servizos na provincia. Con esta iniciativa tamén visibilizamos a excelente calidade dos produtos gastronómicos de Lugo a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade, como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou a Denominación de Orixe (DOP)”.

Coas Exaltacións Gastronómicas, a Deputación continúa apostando pola promoción dos produtos autóctonos de calidade en apoio aos produtores do rural e como clave para o impulso da economía da provincia. Outro dos obxectivos destas xornadas é desestacionalizar o consumo destes produtos co fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción.

Xunto ao Deputado de Participación Cidadá, no acto de presentación tamén participaron o presidente do Consello Regulador da IXP Faba de Lourenzá, José Cuadrado, o director de promoción da IXP Ternera Galega, Luis Antonio Vázquez Pérez o Presidente da CRDO RIBEIRA SACRA, José Manuel Rodríguez González, o Presidente da IXP das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Jose Antonio Feijoó Mateo, e o delegado de El Progreso na Mariña, Xabier Lombardero.

Calendario de Exaltacións Gastronómicas

Os 50 locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos cos produtos gastronómicos seleccionados en cada mes. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.

Estas xornadas gastronómicas nas que se promocionan diferentes produtos da provincia realizáronse todos os meses desde o pasado abril. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro.

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información