Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

'Artesanía no prato' impulsará en Agolada a unión entre a alta cociña galega e as pezas artesanais

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
Nun espazo único como é o conxunto histórico-artístico dos Pendellos, os asistentes aos showcookings poderán degustar menús elaborados por prestixiosos profesionais da mellor gastronomía galega e servidos en pezas de Artesanía de Galicia. Os cociñeiros do Grupo Nove Lucía Freitas (unha estrela Michelin e un Sol Repsol), Héctor López (dous Soles Repsol) e Javier Rodríguez Ponte “Taky”, así como o chef Alén Tarrío, realizarán demostracións culinarias durante a próxima fin de semana nas que empregarán pezas de cestería tradicional: de Antonio Suárez Dávila (Vigo); cerámica dos obradoiros de Laura Delgado (Cambre); Ojea Estudio (Vigo); Branqueta (A Coruña); Nacho Porto (Carnota); Regal Cerámica (Viveiro); e Fernando Porto (A Estrada).

Empregaranse tamén cestas elaboradas con corda de algodón do obradoiro Degerónimo (Santiago de Compostela) e encaixes de Concha Canoura (Culleredo). Os cubertos serán de Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada), as pezas de madeira estarán elaboradas por Armaior (Quiroga), Atalanta Madera (A Estrada), Lorenzo Design (Santiago de Compostela) e Ferradáns (A Estrada).

As sesións de showcooking iniciaranse o venres ás 15,00 horas, con Lucía Freitas, do restaurante A Tafona (Santiago de Compostela). O sábado o cociñeiro Héctor López, do Restaurante España (Lugo), realizará dúas demostracións, ás 13,30 e ás 15,00 horas, mentres que Alén Tarrío, do Pampín Bar (Santiago de Compostela), encargarase da demostración a partir das 20,30 horas. O domingo, será Javier Rodríguez Ponte “Taky”, do Catering Boketé (A Coruña), o que se encargará de realizar dous espectáculos gastronómicos, ás 13,30 horas e ás 15,00 horas.

A programación de Artesanía no Prato completarase con dúas degustacións que terán lugar no mesmo espazo que os showcooking. O venres ás 20,00 horas está previsto realizar unha cata de viños certificados por Galicia Calidade, a cargo da enóloga Cristina Murga e o domingo ás 19,00 horas o barista Óscar de Toro dirixirá o taller Sensacións do Sabor.

Para poder asistir a calquera das actividades de Artesanía no Prato é preciso inscribirse previamente no teléfono 692 843 313 (en horario de 9,00 horas a 14,00 horas) ou no correo electrónico info@comunic-artecomunicacion.com.

Produtos gourmet

Estes showcooking e degustacións forman parte dunha oferta gastronómica que se complementa con 47 expositores de produtos gourmet (14 da provincia da Coruña, 10 de Lugo, 6 de Ourense e 17 de Pontevedra). Haberá postos de viños, licores, proxectos innovadores de conservas, produtos elaborados con castaña, fabas, cervexas artesás, embutidos de porco e galo celta, meles e doces, entre outros, e nas proximidades dos Pendellos estarán a disposición dos visitantes 3 food trucks.

O proxecto Artesanía do Prato foi unha iniciativa que botou a andar na segunda edición do Corazón da Artesanía (en 2013) grazas á colaboración de cociñeiros do Grupo Nove que comezaron a empregar pezas da marca. Esta iniciativa está a medrar co paso de cada edición e permite que talleres de artesanía de diferentes oficios entren en contacto directo con profesionais do sector da gastronomía. Froito destes anos de traballo están a xurdir proxectos de colaboración entre artesáns e cociñeiros que cada vez son máis numerosos.

O Corazón da Artesanía, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Ademais dos postos de exposición e venda, cun total de 66 artesáns de 27 oficios diferentes e 47 expositores de produtos de alimentación, durante os tres días que dura o evento os visitantes poderán ver demostracións de oficios tradicionais e participar nos obradoiros abertos para todos os públicos nos que iniciarse na artesanía.
Artesanía de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información