Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Os sabores de Galicia chegan ao Uruguai da man dunha das once estrelas Michelin da comunidade, Rafa Centeno

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural e a Fundación Pública Artesanía de Galicia, inaugurou hoxe a segunda edición do Saborea Galicia, unha proposta cuxo obxectivo é “poñer en valor tanto a materia prima de Galicia como as súas posibilidades dentro da cociña elaborada e moderna, na que a comunidade xoga un papel fundamental con once estrelas Michelin e o sexto posto nacional en número destes galardóns”.

A acción deste ano consiste na realización de catro showcookings para profesionais dirixidos polo chef galego do restaurante Maruja Limón de Vigo, Rafa Centeno, que conta unha estrela Michelin, nos que elabora pratos con produtos das empresas participantes: Queixería Prestes, queixos de Arzúa-Ulloa da Queixería Bama; Galletas Mariñeiras Da Veiga; algas de Portomuiños, Conservas Peperetes, Fabas de Lourenzá (Terras da Mariña), Castaña Galega (Naiciña), Grelos Rosaleira, Tarta de Santiago (Lestedo), licor café ISP de Galicia de marca Segrel, lacón galego (Jamones González) maridados con viños das 5 D. O. de Galicia. Así mesmo, os viños seleccionados para a acción (premiados nas Catas de Viños de Galicia 2018) son Manuel Rojo Colleiteiro Branco 2017 D.O. Ribeiro, Veiga da Princesa Albariño 2017 D.O. Rías Baixas, Peza do Rei Tinto 2017 D.O. Ribeira Sacra, D’Berna Godello 2017 D.O. Valdeorras, e Crego e Monaguillo Tinto 2017 D.O. Monterrei.

Segredos do noso mar e a nosa terra

Ao acto, presidido polo embaixador de España en Montevideo, José Javier Gómez-Llera, e o delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, tamén asistiron o cónsul xeral de España no Uruguai, José Rodríguez Moyano, e o consejero de Empleo y Seguridad Social da Embaixada española, Vicente Pecino Medina. López Dobarro salientou na presentación do evento que “Galicia é tan rica no que se ve coma no que se non se ve. Debaixo da nosa terra e do noso mar hai un mundo enteiro de produtos dos que hoxe van descubrir unha pequena parte. Resulta imposible resumir a variedade gastronómica de Galicia nunha soa clase maxistral, como a que hoxe imos recibir aquí, neste restaurante por cuxas cociñas flúe o sabor galego, pero si imos achegarnos un pouco a ela”.

Estas xornadas están dirixidas a profesionais do sector da alimentación, a comunicación e a distribución, que concentran as prazas das primeiras tres sesións, reservando as últimas aos alumnas e alumnos e profesorado de diferentes centros de ensino de hostalería e escolas de restauración do Uruguai a través do Instituto Nacional de Empleo y Formación Profesional (INEFOP) e seleccionados polo Goberno uruguaio. Cada un dos pases conta con 25 asistentes, que na súa primeira edición tiveron que ser ampliadas pola excesiva demanda de prazas.
Saborea Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información