Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Galicia estará no campus mundial 2019 en Costa Rica cun proxecto escolar en materia de cambio climático

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá as instalacións do centro de ensinanza Infantil e Primaria para comunicarlles que a Consellería de Medio Ambiente colaborará nos gastos desta viaxe para catro dos alumnos participantes nesta iniciativa.

Ángeles Vázquez felicitounos polo esforzo e traballo realizado na presentación sobre a educación ambiental no colexio, que deixou sorprendidos aos participantes do Campus celebrado en Aveiro en setembro, que os alzou como o único centro de Primaria que participou neste foro internacional, e sobre todo foi a orixe desta nova experiencia que viviredes coa participación no campus mundial de Costa Rica o vindeiro ano.

O proxecto deste alumnado consistíu na elaboración dun vídeo para sensibilizar sobre a necesidade de manter unha posición activa e poñer en marcha medidas que mitiguen o cambio climático. A conselleira destacou o esforzo dos alumnos por trasladar unha mensaxe importante, dun xeito ameno e sinxelo pero moi directo, como “coidar o planeta, o paciente global da sociedade”; poñendo o foco na necesidade de actuar con urxencia. A conselleira indicou que este traballo foi recoñecido coa máxima puntuación por un comité científico avaliador, que permitiu aos rapaces a participar no Campus de Aveiro, a pesares de que non era un encontro pensado para estudantes de primaria.

A conselleira destacou que a futura experiencia que vivirán en Costas Rica é un premio e recoñecemento ao traballo e dedicación que levan cabo a prol da conservación do medio ambiente, que constitúe un exemplo e referencia non só para os vosos compañeiros de colexio, senón para toda a comunidade escolar e educativa de Galicia.

Indicou que a implicación deste centro no coidado e respecto polo medio ambiente, así como a filosofía de traballo “aprender a aprender”, é unha máxima que cada día comparten máis individuos da sociedade, polo que é un exemplo para seguir dentro e fóra das aulas.

Un plan de estudos “verde”

A conselleira Vázquez salientou o grado de implicación do seu plan de estudos coa responsabilidade social, centrado especialmente no coñecemento dos dereitos humanos e o respecto ao medio ambiente e á natureza; “un plan de estudos verde sobre a ecoloxía e o medio ambiente que fomenta a educación ambiental dende os primeiros anos de escolaridade”.

Grazas a este plan tedes un contacto directo coa loita contra o cambio climático e o que cada persoa pode facer no seu día a día; co fomento por un consumo eficiente e eficaz da enerxía, tanto no centro educativo como nas vosas casas, adquirindo coñecementos sobre as enerxías limpas e os seus múltiples beneficios; a biodiversidade e o amplo patrimonio natural co que conta Galicia, e sobretodo aprender a conservalo e a protexelo; e a xestión dos residuos que se xeran cada día, sendo conscientes da cantidade diaria que cada un de nós produce e como se pode reducir, así como reutilizalos e reciclalos.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información