A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acollerá por primeira vez un gran Open de Xadrez

O torneo, que na categoría Absoluta será puntuable para o ranking internacional Elo FIDE, nace con vocación de continuidade e pretende converterse nunha das citas de referencia do xadrez en Galicia.
Os interesados en participar nesta competición poden inscribirse de forma completamente gratuíta no formulario oficial do evento, ao cal terán acceso dende a páxina web da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, www.semanaverde.es. Poderán facelo ata o día 8 de xuño ás 15.00 horas.
Medallas e trofeos
O I Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia entregará medallas a todos os participantes ata Sub 14, ademais de trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
Así mesmo, na entrega de premios, que terá lugar sobre as 20.00 horas do mesmo día do torneo, realizaranse sorteos de regalos.
Feira Internacional Abanca Semana Verde