Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A Coruña acolle do 20 de febreiro ao 5 de marzo as II Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen tamén é presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, presentou a segunda edición de Lacónicas, as Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, que terán lugar este ano entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo e polas que 32 establecementos da cidade ofrecerán menús especiais de degustación con prezos que oscilarán entre os 18 e os 30 euros. Ademais, este ano, a ofertas das xornadas Lacónicas completarase con diversas actividades relacionadas cos pratos típicos do Entroido, que terán lugar nos mercados municipais, concretamente no de San Agustín e no da Praza de Lugo. O responsable municipal destacou "o gran atractivo para a xeración de turismo que teñen para a cidade os eventos gastronómicos, como queda patente en moitos dos estudos turísticos que se levan a cabo en Galicia". Así, indicou que "a segunda edición das xornadas Lacónicas é unha forma inmellorable de comezar un ano ateigado de eventos gastronómicos que poden xerar un importante polo de atracción turística", á vez que recordou que a cidade acollerá a "gran cita do Fórum Gastronómico" entre o 12 e o 14 de marzo.

Nesta ocasión, as xornadas Lacónicas contan coa participación de 32 establecementos da cidade, aumentando a porcentaxe do pasado ano, que ofrecerán, desta vez, un "menú de carácter tradicional", composto por un primeiro prato de sopa ou similar, un prato principal que será unha laconada e unha sobremesa de filloas e/ou orellas, ademais de bebida, entre as que se contempla auga, refrescos ou viño de denominación de orixe galega. Os estabelecementos participantes nesta segunda edición son A la Brasa, A Taberna de Cunqueiro, Cafe-Bar Áncora, Calma Chicha, Casa Bieito, Casa Lelín, Casa Martín, Casa Matilde, Central Park, El Local 20, El Prada, El Secreto Hemingway, Galiur, Gastroteca, La Bodeguilla de Padre Feijóo, La Huerta del Mercado, La Taberna del Arriero, Mesón Manolito, Mesón Moncho, Mesón O'Bo, O'Calexo, Oído Cocina!, Arcade-Hotel Plaza, Boavista, Comer y Picar, La Marola - Hotel Zenit, Restaurante Manolito, Restaurante Noray, O Fieital, Roots Urban Food, Taberna O'Trotamundos e Vinum.

Ademais da xornadas de degustación, as Lacónicas contarán este ano, segundo destacou Lema, con diversas actividades e talleres para todos os públicos que terán lugar nos mercados municipais, "dentro doutras das accións que poñemos en marcha co obxectivo de achegar a máis persoas a estas prazas de abastos, que en si mesmas tamén constitúen outro dos reclamos turísticos da cidade".

En concreto, o sábado 25 de febreiro, no Mercado da Praza de Lugo, entre as 10.30 e as 12.00 horas, e entre as 12.30 horas e as 14.00 horas, terán lugar uns obradoiros infantís gratuítos, para nenos e nenas de 5 a 10 anos, nos que o único requisito para participar será acudir disfrazado. Unha parte do taller dedicarase a explicar os ingredientes das laconadas, co obxectivo de que as crianzas poidan ver, tocar e probar, ademais de, posteriormente realizar diferentes preparacións. Nesa mesma xornada, tamén haberá talleres gastronómicos para adultos, así como outras actividades. En concreto de 11.30 a 13.30 horas, haberá unha degustación gratuíta de filloas e orellas acompañada dun showcooking a cargo do cociñeiro Gorka Rodríguez, da Pulpeira de Melide. Para participar neste último será precisa a inscrición previa, ou ben no teléfono 636 447 574 ou a través do mail xornadaslaconicas@gmail.com, quedando aberto o prazo de inscrición a partir deste mesmo martes. Ademais, entre 12.00 horas e 13.30 horas actuará no citado mercado a comparsa popular Monte Alto A 100.

A seguinte fin de semana, concretamente, o sábado 4 de marzo, terá lugar no mercado da Praza de San Agustín un showcooking para adultos con degustación, que leva por título 'Os Segredos do Cocido', e que será impartido polo chef Antonio Amenedo. Neste caso, para participar, haberá que inscribirse ou ben no teléfono ou dirección mail remitida anteriormente, aínda que neste caso, será a partir do 10 de febreiro candos as e os interesados poidan anotarse. Lema destacou a aposta polo mercado de San Agustín "como nova ubicación este ano de actividades relacionadas con estas xornadas gastronómicas".
Gabinete de Comunicación da Concello de A Coruña

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información